O Concello retoma as rutas de sendeirismo cunha saída ás Fragas do Eume
Fecha: 2016-02-28
Logo de que unha das andainas propostas na programación do Concello (a Ruta Valga-Cuntis) tivera que se suspendidas por mor do mal tempo, o Concello agarda retomar o programa de cara aos vindeiros meses. Deste xeito, o vindeiro 5 de marzo terá lugar a ruta das Fragas do Eume, concretamente a Ruta Ventureira.
Trátase dun percorrido que pasa a carón do canón do Eume e inclúe, entre outras cousas, unhas espectaculares vistas panorámicas do mosteiro de Caaveiro. A ruta ten apenas oito quilómetros e un nivel sinxelo. Logo de facer a ruta no horario de mañá, pola tarde está previsto un paseo por Pontedeume.
O horario previsto da ruta é de 7.30 a 20.00 horas. O autobús sairá desde a estación e volverá ao mesmo punto. O prezo da ruta é de 22 euros (10 euros autobús e 12 a comida) e as persoas interesadas en participar poderán facelo anotándose no teléfono 607 504 261. O prazo remata o vindeiro mércores, 2 de marzo.
Outras rutas
Ademais desta ruta, tamén están programadas:
- 9 de abril. Os Muíños de Folón. Pola tarde, visita a Tui, coincidindo coa Festa de San Telmo.
- 14 de maio. Os Muíños de Batán. Pola tarde, visita á Feira do Pan de Carral.