Esta semana darase a coñecer a obra gañadora do Premio Ernesto Goday de Pintura
Fecha: 2016-02-29
Logo de dispoñer durante varias semanas da exposición das obras participantes no Concurso de Pintura Ernesto Goday na Sala das Cunchas e Sala das Dornas da Casa do Concello, este mércores ás 12.00 horas será o xurado quen realice un minucioso exame destas para poder elixir o gañador ou gañadora deste ano.
O acto de entrega do premio terá lugar o venres, 4 de marzo ás 20.00 horas na Sala das Cunchas. Lembramos que este concurso chega á súa terceiro edición e nel participan obras que teñen como temática a paisaxe natural e urbana do Grove, ademais das súas xentes. O premio é único e está dotado con 3.000 euros.