Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Gas Natural comeza as obras de asfaltado da Rúa do Sol

Fecha: 2016-03-02

O Concello ten negociado un plan de asfaltado para as vindeiras semanas.

 

O Concello do Grove ten chegado a un acordo coa empresa Gas Natural para que esta emprenda o asfaltado das rúas en que ten feito as súas instalacións. Estes días xa comezaron as obras da Rúa do Sol, que continuarán nas restantes de inmediato. A data límite para rematalas está establecida no 19 de marzo.

 

O acordo acadado entre empresa e Concello supón que non se emprenderán novas obras de instalación ata que non se remate a corrección e a reforma daquelas que xa se abriran e non se asfaltaron adecuadamente. Deste xeito empresa e Concello tentarán evitarlles molestias aos veciños e veciñas e recuperar a normalidade naquelas zonas onde a instalación xa está rematada.