Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello aproba as novas bases para as subvencións de Cultura

Fecha: 2016-03-02

 

 

As bases son o resultado dun traballo directo coas asociacións e colectivos culturais do municipio. 

 

Atendendo a unha solicitude das asociacións culturais e dando resposta a un compromiso electoral, tense emprendido un traballo intenso en contacto directo cos colectivos implicados para revisar e reformar as bases polas que se outorgan as subvencións para actividades culturais. 

 

Na mesa de traballo convocada para este fin abordouse unha proposta de bases pormenorizada coa finalidade clara de conseguir un documento que permitise un sistema igualitario, obxectivo e transparente. Deste xeito creáronse unhas táboas que permiten determinar facilmente a puntuación que acada cada proposta e, polo tanto, outorgar a contía da subvención en función dese valor.

 

Ademais disto, o cambio fundamental no contido das bases está en que as subvencións se outorgan para un plan de actividades anual e non só para dúas actividades concretas, o que permite que as asociacións conten con maior flexibilidade e amplitude á hora de poder poñer en marcha iniciativas culturais.

 

As referidas bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno do pasado luns e serán publicadas nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia, abríndose un prazo de 30 días naturais a partir dese momento para que as asociacións poidan presentar a súas solicitudes. 

 

 

Texto íntegro das bases>