Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aprobadas as bases das subvencións para deporte e para organización de eventos deportivos do ano 2016

Fecha: 2016-03-17

Serán publicadas noBoletín O ficial da Provincia nos vindeiros días. 

 

A Xunta de Goberno Local do Grove acaba de aprobar as bases para as subvencións de entidades deportivas. Trátase dunha reformulación destas axudas grazas ao traballo directo cos clubs cos que se teñen consensuado. Os cambios atenden ás demandas das propias entidades deportivas e supñen dotar as bases de criterios obxectivos e igualitarios para o reparto dos fondos municipais destinados a esta finalidade.

 

Ademais do anterior, este ano tamén se poñen en marcha as bases de axudas para a organización de eventos deportivos. Neste caso é unha iniciativa nova, xa que non existían bases nin regras e os fondos adxudicábanse segundo a demanda e sen ningún tipo de previsión anual. Estas novas bases permiten contar cunha planificación anual e outorgar as axudas a eventos de interese e impacto no Grove.

 

Todos os colectivos deportivos da localidade están informados de xeito directo dos cambios e novidades e  agárdase que, logo da súa publicación no BOP, o proceso de adxudicación poida poñerse en marcha o antes posible.