O Concello do Grove pon en marcha formación en igualdade para o funcionariado e o Consello Local da Igualdade
Fecha: 2016-03-28
Dentro do Plan de Igualdade municipal, esta semana comezarán as actividades de formación dirixidas a mellorar os coñecementos no relativo a perspectiva de xénero.
A formación básica en xénero que se pon en marcha desde o Concello do Grove está destinada ás persoas que forman parte do Consello Local da Igualdade, así como ao funcionariado e a aquelas persoas que desenvolvan profesións implicadas na abordaxe da violencia de xénero no municipio, tal e como poden ser o persoal do centro de saúde, a Polícía, o profesorado etc.
Trátase dunha formación teórico-práctica que busca reflexionar sobre conceptos básicos en torno á equidade e das violencias de xénero, centrándose en analizar a práctica profesional e a xestión destes asuntos. Os contidos abordaranse en dúas sesións de tres horas que terán lugar hoxe luns e o vindeiro día 31 en horario de tarde.