O Concello do Grove pon en marcha a recollida de roupa para os refuxiados sirios
Fecha: 2016-03-31
Poderase depositar na Base de Emerxencias do Concello na zona de Borreiros.
O Concello do Grove ven de organizar unha recollida de roupa para os refuxiados sirios. Os veciños e veciñas que queiran colaborar poderán depositar as súas doazóns na Base de Emerxencias que está situada no barrio de Borreiros (ao lado das dependencias da Garda Civil) os días 5, 6 e 7 de abril en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas.
Inicialmente tan só se abre un prazo de tres días para a recollida pero en función da resposta recibida e do volume recollido poderán habilitarse máis días. Agárdase unha participación importante dos veciños e veciñas do Grove que xa teñen manifestado as súas consultas sobre como poder colaborar. O Concello, pola súa banda, xa estableceu contactos para artellar o sistema de envío do material recollido aos afectados.