Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca o sector da hostalería para poñer en marcha o Plan estratéxico de turismo

Fecha: 2016-04-04

 

Está prevista unha reunión o mañá martes 5 de abril ás 18.00 horas na Casa da Cultura. 

 

Tal e como se tiña adiantado en meses anteriores, o Concello do Grove vai comezar os traballos de elaboración do Plan estratéxico de turismo que pretende definir as liña de traballo neste eido para os vindeiros anos. Unha vez avanzado no relativo á recollida de información, mañá martes ás 18.00 horas convócase a todas as empresas do sector (hoteis, cámpings, restaurantes, cafeterías, bares, pubs e empresas de servizos turísticos) a participaren nunha reunión para explicar a dinámica de traballo que se vai seguir na elaboración deste plan. 

 

Nesa mesma reunión farase a presentación da nova web de turismo do Grove (www.turismodogrove.es) que busca unha optimización e mellora da promoción e a implicación do sector para conseguir un mellor funcionamento desta. Este espazo en liña leva sete anos sen actualizar, polo que a reforma na que se leva varios meses traballando resulta crucial.

 

Agárdase que o empresariado participe nesta actividade para poder poñer en marcha un plan de traballo na cal a implicación do sector é fundamental para conseguir os obxectivos de mellora necesarios para O Grove como destino turístico.