Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os taxistas deciden non modificar a parada de taxis

Fecha: 2016-04-20

Na reunión mantida onte no Concello tomouse a decisión final de non facer cambios. 

 

O Concello do Grove convocou aos autopatróns a unha reunión que se celebrou na tarde de onte na Sala das Cunchas. O motivo era buscar unha solución definitiva á solicitude realizada xa hai meses atrás no relativo a trasladar a parada situada ao final da rúa Castelao para a avenida de Beiramar.

 

En reunións anteriores xa se presentara un informe positivo da Policía Local ao respecto facendo matizacións no relativa á compatibilidade da actividade dos taxistas coas distintas celebracións e eventos que se desenvolven na zona da praza do Corgo. Sobre este informe foron presentadas varias propostas (situación dos vehículos nas distintas marxes da avenida) e tamén se analizaron os custos que suporía a colocación dunha marquesiña na zona.

 

Logo de valorar todos os elementos a favor e en contra deste cambio, os asistentes á reunión consideraron maioritariamente non realizar o traslado, polo que a parada actual se manterá nas mesmas condicións. Neste encontro tamén se informou de que o cambio podería ser levado a cabo no futuro por parte do Concello se for preciso para mellorar o tráfico da zona.