O Concello do Grove convoca unha nova edición do Concurso de Maios
Fecha: 2016-04-27
A Festa dos Maios celebrarase o 1 de maio a partir das 12.00 horas na praza do Corgo.
O Concello do Grove aprobou antonte luns as bases para o Concurso de Maios do ano 2016. Outorgaranse tres premios: ao maio tradicional (200 euros) a ou mellor maio artístico (200 euros) e outro ás mellores coplas de interpretación (100 euros). As persoas interesadas en participar poderán inscribirse o mesmo día 1 no lugar de celebración ata ás 11.40 horas, cumprindo cos requisitos establecidos nas bases.
O Concurso de Maios será o prato principal desta festa que na mañá do domingo se celebrará na praza do Corgo, onde tamén haberá xogos populares e se contará coa presenza da Asociación Cultura Paradanda-Mecos, que fará unha parada na praza antes de comezar un pasacalles que levará a música do grupo por locais e prazas da vila.
Bases do Concurso de Maios 2016>