A Oficina de Turismo recibe case 700 visitas no mes de abril
Fecha: 2016-05-10
O mes de abril de 2016 sáldase con 693 persoas que visitaron a Oficina de información turística. Trátase dun dato inferior ao do mes de abril do ano pasado, pero debe terse en conta que a Semana Santa coincidiu o mes anterior. De feito, a suma de datos de marzo e abril resulta maior que a de 2015.
A peculiaridade do mes de abril foi a recuperación das visitas en viaxes organizadas en autobús. Isto supuxo un descenso dos visitantes de Madrid e un aumento salientable dos de Castela e León e Cataluña. No referido aos estranxeiros, é destacable a presenza de arxentinos e suízos.
Tamén cómpre chamar a atención sobre o feito de que a meirande parte dos visitantes (427) se aloxaban en hotel e desprazáronse en coche ata O Grove (379 persoas). No relativo aos motivos declarados polos que se visitaba a península, a cultura (367) e a natureza (158), seguidos da gastronomía (77) e o turismo termal (35).
Na liña de traballo emprendida no relativo ao ámbito de promoción dixital e en redes sociais, debe destacarse a suba de 173 seguidores na páxina de Facebook, 62 en Twitter, ademais do lanzamento da presenza do Turismo O Grove en Instagram, que se inicia con 62 seguidores.