Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Intensa actividade na fin de semana do Grove

Fecha: 2016-05-19

Esta fin de semana, como vén sendo habitual, O Grove volverá a contar cunha intensa actividade para todos os públicos. O sábado 21, como conmemoración do Día Internacional dos Museos, o Espazo Museístico da Pesca e da Salga de Punta Moreiras estará aberto de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas con entrada de balde. Ás 11.30 horas a Axencia de Lectura de San Vicente acollerá a representación de contacontos de Montse Rivera con “Cóntoche un traxe” e á mesma hora na Aula da Siradella celebrarase o Día Europeo da Rede Natura 2000. 

 

Xa pola tarde, a partir das 20.00 hora retómanse as sesións de Cinemas de Galicia, neste caso co filme Os fenómenos, de Alfonso Zarauza, que se proxectará na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (prezo da entrada: 3 euros). Ás 20.30 horas tamén se poderá participar nas clases de tiro con arco que ofrecerán os Arqueiros da Canteira no pavillón de deportes do Monte da Vila e ao rematar todo isto un Obradoiro de cócteles de froita sen alcohol a cargo de Dany Silvia tamén no pavillón municipal. 

 

Para o domingo 22, ademais da agardada carreira Maralba Running Fest, que unirá os concellos do Grove e Sanxenxo, a partir das 20.00 horas a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá o concerto das Letras Galegas que organiza a Coral da Confraría de San Martiño do Grove, contando coa participación da coral infantil desta agrupación e da Coral Polifónica San María de Adina, ademais da presentación da Asociación Cultural e Musical dos Firrás.

 

Desde o Concello do Grove lémbrase que toda a información da programación e eventos pode consultarse no Facebook Primavera O Grove 2016.