A praza de abastos do Grove celebra este sábado o Día Internacional dos Mercados
Fecha: 2016-05-26
A praza de abastos do Grove celebrará o vindeiro sábado o Día Internacional dos Mercados. Para conmemorar esta data anímase a toda a veciñanza do Grove a achegarse ao seu mercado onde se contará con animación e actividades, con reparto de merchandising e coa actuación musical de gaiteiros e pandeireteiras de Paradanda-Mecos. A apertura do mercado realizarse no seu horario habitual, desde as nove da maña, estando prevista a actuación musical a partir das 12.30 horas.
As actividades do Día Internacional dos Mercados enmárcanse dentro da iniciativa “Quere o teu mercado” que auspicia a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e, neste caso, conta co traballo conxunto da Asociación da Praza de Abastos do Grove e o propio Concello. Agárdase que se aproveite a ocasión para visitar o mercado do Grove e coñecer un pouco máis da súa ampla e diversa oferta.