Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Comezan as clases de primeiros auxilios e RCP nos colexios

Fecha: 2016-05-26

Mañá venres comezarán no colexio Rosalía de Castro as primeiras sesións formativas sobre primeiros auxilios e RCP dirixidas aos escolares. Trátase dunha acción enmarcada no Plan Integral Municipal de Atención á Morte Súbita que, neste caso, está dirixida ao ensino. 

 

O primeiro alumnado en recibir esta formación será o de 5º e 6º de primaria deste centro que, ao longo de toda a mañá, estarán recibindo explicacións sobre como actuar fronte a distintas situacións como desmaios, paradas cardíacas, crises epilépticas ou afogamentos. As sesións están sendo impartidas por Paula Domínguez, persoal de emerxencias do Concello do Grove, e por Javier Caneda, concelleiro de Sanidade. A duración prevista das sesións é de 50 minutos. 

 

Nas vindeiras semanas están programadas as formacións nos outros colexios do Grove para nenas e nenos das mesmas idades. Ademais están tamén previstas sesións nas que participarán os pais e as nais que probablemente acompañen os cativos nas súas excursións de fin de curso.