O Concello apraza os obradoiros de xuventude previstos para este sábado
Fecha: 2016-06-10
Debido á coincidencia coa programación do Desembarco Pirata que organiza Emgrobes, o obradoiro de Break Dance que se ía celebrar o sábado 11 ás 20.30 horas na Rúa Pratería queda aprazado ata o vindeiro sábado 25 de xuño. Lémbrase que esta actividade forma parte do programa de xuventude “Vémonos na Rúa” e anímase a todos os mozos e mozas do Grove a participar deste e doutras actividades que se desenvolverán ata fins de xuño. A información completa pode consultarse na OMIX do Concello do Grove ou aquí.