O Concello do Grove aproba un convenio para o fomento da transparencia, o acceso á información pública e o bo goberno
Fecha: 2016-06-20
A través deste convenio o Concello contará, en breve, cun portal de transparencia específico.
A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove aprobou hoxe a adhesión ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Facenda e das Administracións Públicas e a FEMP para promover e facilitar o desenvolvemento no relativo á Lei de Transparencia, Acceso á Información pública e bo goberno nas entidades locais.
A través deste convenio o Ministerio porá a disposición do Concello do Grove un portal de transparencia cunha estrutura análoga á do Portal de Transparencia da Administración Xeral do Estado, que lle permitirá ao Concello incluír contido e tramitar as solicitudes de acceso previstas pola lei. Ata agora o concello facía fronte a estas cuestións coa web municipal, pero non contaba nin con fondos nin estrutura suficiente para atender a toda a información que era necesario volcar na mesma. Nun prazo aproximado de quince días, segundo o convenio, comezarían as probas para poñer en marcha este novo espazo.