Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha clases de apoio para estudantes de ESO con necesidades extraordinarias

Fecha: 2016-07-04

Hoxe luns comezan as clases de apoio de verán para estudantes de ESO que, por diversas circunstancias, teñan necesidades extraordinarias. Trátase dun programa en que se teñen seleccionado aqueles rapaces e rapazas que, segundo os servizos sociais, precisarán de maior apoio na súa formación académica. O Concello encargarase de pagar as clases facéndolle así fronte a uns custos que as familias non poidan afrontar e as clases serán impartidas por docentes das distintas áreas precisas. 

 

As clases desenvolveranse na Casa da Terceira Idade grazas á colaboración da Asociación de Xubilados e Pensionistas, que cederá unha aula para que se impartan estas clases en horario de mañá. Os rapaces e rapazas participantes contarán con apoio durante os meses de verán para lles poder facer fronte aos exames de setembro e contar coa preparación adecuada na volta ao curso.