O Espazo Museístico da Pesca e da Salga amplía o seu horario
Fecha: 2016-07-05
A partir desta semana o Museo da Salga amplía o seu horario para atender a notable demanda de visitantes que se produce nos meses de verán. Deste xeito, ademais de poder visitar o museo en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 h) de martes a domingo, tamén poderá accederse a este espazo os sábados e domingos de 17.00 a 20.00 horas.
Lémbrase que para realizar visitas de grupo a este espazo estas deben ser solicitadas previamente e só poderán ser realizadas dentro do horario de apertura. As empresas de turismo poden solicitar descontos no prezo a través de convenios de colaboración co Concello e os colectivos con fins sociais ou culturais tamén poden beneficiarse de descontos se o solicitan con antelación ao Concello.