Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Balance positivo das Festas do Carme 2016

Fecha: 2016-07-19

Os servizos municipais de seguridade, limpeza e mantemento involucráronse por completo no desenvolvemento do evento.  

 

O Concello do Grove transmítelle a súa en hora boa á Comisión da Festa dos Carme polo bo decorrer da festividade deste ano. A colaboración do Concello foi total e requiriu dun reforzo especial dos horarios do persoal ademais dun gran despregue de medios materiais. 

 

A totalidade dos efectivos da Policía Local estiveron activos durante todos os días da festa realizando as correspondentes patrullas nocturnas, ademais das vixilancias requiridas no lanzamento dos fogos e no desenvolvemento das procesións. O Servizo de Emerxencias tivo que reforzar quendas para poder manter o servizo nas praias e atender outras incidencias ao tempo que atendía, en colaboración directa coa Policía Local, as necesidades da festa, sendo especialmente importante o seu traballo na procesión marítima. 

 

Os efectivos de limpeza foron desprazados e reducíronse efectivos nas praias para atender o recinto da Festa. Isto permitiu que a zona de atraccións e os postos de venda situados na praza do Corgo contaran cunha limpeza máxima, evitando os problemas que se producían en anos anteriores especialmente na zona fronte á confraría de pescadores. Hoxe martes retomáronse os horarios e postos habituais, polo que a limpeza de praias contará coa totalidade de efectivos. 

 

Tamén foi subliñable o traballo dos operarios de mantemento que se encargaron da montaxe e desmontaxe de distintos elementos como a plataforma de accesibilidade ou escenarios e cadeiras para distintos eventos. 

 

Todo o anterior propiciou que a Festa se desenvolvese sen incidentes e cunha ampla afluencia de público. Ao non tratarse dun día festivo senón laborable (segundo a proposta apoiada polos grupos da oposición), a xestión do tráfico resultou especialmente complexa, e producíronse pequenos problemas polos embotellamentos nalgunha hora determinada. 

 

O Concello agarda que a vindeira edición conte co mesmo éxito que o conseguido en 2016.