O Concello organiza a 1ª Andaina nocturna pola península
Fecha: 2016-07-20
As persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono 607 112 333.
Este sábado 23 de xullo terá lugar a primeira andaina nocturna do Grove que unirá o centro urbano coa zona de San Vicente. Quen participe camiñará 20 quilómetros de distancia seguindo un percorrido moi semellante ao da Ruta Padre Sarmiento que acaba de poñerse en marcha no Grove.
A saída farase ás 24.00 horas, polo que será preciso que as persoas participantes se concentren diante da Casa do Concello ás 23.30 horas. Tamén é necesario que vaian equipados con un chaleco ou camiseta reflectinte e cunha lanterna. Durante o percorrido está previsto o correspondente avituallamento. A día de hoxe son xa cincuenta as persoas inscritas e agárdase que a cifra incremente.
Esta actividade está organizada polo Concello do Grove en colaboración co Club Ría de Arousa.