Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Máis de 1.600 persoas visitaron o Museo da Salga durante o mes de xuño

Fecha: 2016-07-20

 

A meirande parte das visitas foron realizadas en grupo. 

 

O mes de xuño volveu romper estatísticas de turismo. Neste caso foi no Museo da Salga onde se rexistraron 1.667 visitantes, a meirande parte deles procedentes do territorio nacional. Trátase dun dato que duplica o rexistrado no mes de xuño do pasado ano, inda que coincide no feito de que a meirande parte das visitas se realizaron en grupos previamente concertados (89% das visitas).

 

A meior parte dos visitantes (837) fixeron o percorrido combinado de Acuario e Museo, mentres que 105 persoas combinaron os barcos de paseo e o Museo. Ata 379 persoas contrataron a visita a través dunha axencia de viaxes. Todo isto incide na potencialidade do Grove como destino de turismo activo, coa posibilidade de realizar actividades de lecer diferenciadas da oferta habitual en destinos costeiros. 

 

En canto á orixe dos visitantes, Galicia segue sendo a fundamental (71%), seguida por Castela e e León (22%) e Andalucía (4%).  A pequena porcentaxe de estranxeiros (2%) estivo composta por portugueses (33%), ingleses (30%) e alemáns (13%). En termos cualitativos, o Museo esperta opinións moi positivas entre os visitantes que remiten cartas de parabéns polo peculiar e interesante do espazo.

 

Lembramos que o Museo da Salga abre de luns a domingo en horario de mañá e as fins de semana tamén pola tarde. Nos luns festivos (o 25 de xullo e o 15 de agosto) tamén permanecerá aberto.

 

Máis información>