Continúa a intensa actividade cultural e lúdica no mes de agosto
Fecha: 2016-08-01
Agosto volverá a contar con contacontos, música, cinemas e moito máis.
A programación cultural do Concello do Grove acaba de rematar un mes de xullo con intensa actividade e cunha importante participación en todos e cada un dos eventos que se teñen organizado. Os xoves musicais seguen, semana a semana, demostrando a súa boa acollida ao igual que os cinemas de verán e as actividades para os máis cativos.
Para comezar o mes de agosto, mañá martes, na Praza de Arriba, os contacontos das Fedellas farán as delicias dos máis pequenos. O mércores volverán os cinemas de verán na Praza de Santo Antonio, neste caso cunha selección das mellores curtametraxes de CortoEspaña 2015. Os Xoves Musicas correrán a cargo de Os Firrás e o venres será inauguración dunha exposición con imaxes inéditas da Illa da Toxa.
Todo isto para ir abrindo boca neste mes. A programación íntegra pode consultarse aquí>