Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove adxudica o proxecto do novo auditorio

Fecha: 2016-08-03

A Xunta de Goberno Local procedeu onte a clasificar as ofertas que permiten adxudicar a realización do proxecto cun prazo de execución de catro meses. 

 

A Xunta de Goberno Local reunida o luns clasificou as tres ofertas presentadas para facerse cargo do proxecto do novo auditorio do Grove. Trátase do trámite final para que a empresa de arquitectura gañadora do concurso poida elaborar o proxecto técnico do auditorio para que este poida estar dispoñible a comezos de 2017.

 

Lembramos que, segundo se informou aos veciños e veciñas do Grove, o espazo co que se está traballando é o terreo de titularidade municipal.