Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Seminario de Xeración e Maduración de Ideas

Fecha: 2010-04-28

O Concello do Grove en colaboración con Bic Galicia organiza no edificio de Usos Múltiples a segunda etapa dos seminarios destinados tanto a desempregados como a traballadores que se están plantexando a posibilidade de poñer en marcha unha empresa. 

 

Un dos elementos fundamentais para poder poñer en marcha unha iniciativa empresarial é disponer de boas ideas e transformalas nun proxecto empresarial sobre o que se poida realizar unha análise de viabilidade. 

 

Os Seminarios de Xeración e Maduración de Ideas pretenden servir de ferramenta para axudar ó/á emprendedor/a a coñecer as fontes de ideas e a realizar a primeira aproximación á análise de viabilidade do proxecto. Así os asistentes contarán coa axuda de profesionais de prestixio, docentes nestes seminarios, para facilitarlle a tarefa de definir a súa idea empresarial. 

 

Estes talleres son totalmente de balde e se desenvolven en 15 horas divididas en 3 sesións de traballo.

Inscrición: Edificio de Usos Múltiples, (Casa Azul) 

                   R/Castelao, 173 baixo. 

                   Telf.: 986730609      986733902  

                   E-mail: adlogrove@concellodogrove.com  

                              orientacion.laboral@concellodogrove.com  

 

Antes do día 07 de maio

As prazas son limitadas (mínimo 20 persoas para poder levar a cabo o curso) Programa do curso