Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Servizos de Emerxencias do Concello do Grove colaboran na extinción dos incendios forestais na zona de Caldas

Fecha: 2016-08-10

Operativos locais desprazáronse na noite de onte ao concello de Caldas ante a gravidade dos lumes que estaban afectando a aquela zona. 

 

Cinco efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello do Grove desprazáronse co camión motobomba ás proximidades da fábrica de Clesa no Concello de Caldas de Reis logo de ser demandada a súa axuda ante a gravidade da situación provocada polos incendios forestais que queiman estes montes. Ante a falla de efectivos autonómicos pediuse a colaboración dos equipos locais, e o Servizo de Emerxencias do Grove foi autorizado polo Concello para desprazarse á zona na noite de onte.

 

O termo municipal do Grove quedou cuberto cun retén e á disposición dunha pick-up chea de auga mentres que o camión de maior tamaño puido colaborar en Caldas. Nestes días o traballo do Servizo de Emerxencias está resultando intenso, polo que se solicita a colaboración veciñal non demandado a presenza deste servizo para cuestións que non sexan verdadeiramente urxentes.  No que vai verán, o Servizo de Emerxencias aumentou o seu número de saídas, feito directamente vinculado co aumento da poboación no Concello.