Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove consegue unha subvención para crear espazos para emprendedores no mercado municipal

Fecha: 2016-08-17

 

 

Trátase dunha axuda de máis de 60.000 euros que permitirá desenvolver un proxecto valorado en algo máis de 90.000. 

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de lle conceder unha subvención ao Concello do Grove dentro da convocatoria para creación de espazos de emprendemento. Trátase dunha axuda de 63.254,66 euros para levar ao cabo un proxecto valorado en 90.363,80 euros. 

 

A proposta realizada polo Concello do Grove supón a reforma de todos os locais da zona esquerda do mercado municipal (nestes momentos abandonados ou empregados como almacén) para poder empregalos como locais para emprendedores e novas iniciativas empresariais. A subvención permitirá a reforma íntegra de seis espazos de venda dotándoos de conexións modernas e dos elementos básicos como local comercial. Posteriormente desenvolveranse un proxecto de xestión destes que permita crear postos de traballo e, ao mesmo tempo, dinamizar o mercado municipal con nova oferta. 

 

Nesta ligazón pode consultarse a memoria explicativa da actuación proposta.

 

 

 

 

Imaxes en 3D do proxecto>