Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A praza do Corgo acolle unha nova quedada de Body Combat

Fecha: 2016-08-19

A cita será hoxe ás nove da noite.

 

Monitores do Ximnasio Keimada serán os encargados de impartir unha sesión de body combat hoxe venres na praza do Corgo. Trátase dunha cita que xa colleitara un notable éxito o pasado verán e que volve a organizarse para achegar novas disciplinas deportivas á veciñanza do Grove e a quen nos visita. Non é precisa inscrición previa e tan só é necesario achegarse ao Corgo a partir das 21.00 h con roupa adecuada.