Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Noite de ‘canto libre’ para pechar os Xoves Musicais de 2016

Fecha: 2016-08-25

 

Un luxo musical arxentino e galego para rematar os exitosos xoves musicais deste verán. 

 

Os Xoves Musicais deste verán chegan ao seu fin logo de oito concertos de todo tipo de estilos que se caracterizaron pola notable acollida de público. Deste xeito, hoxe ás 21.00 horas será o momento de Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro co seu espectáculo Canto libre. Os músicos estarán acompañados polo artista arxentino Carlos Mancinelli, chegado directamente de Bos Aires, na que será a súa primeira actuación en Galicia. Tamén se contara coa participación de Manolo Gómez ao charango e Mar Caramés á voz. Sen dúbida, un verdadeiro luxo para lle poñer o broche de ouro a un verán musical de alto nivel.