Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello inicia amplos traballos de roza en San Vicente

Fecha: 2016-08-25

 

A partir de hoxe e durante os vindeiros días intensificaranse os traballos de roza e limpeza na zona de San Vicente. Hoxe comezarase na zona de Reboredo e nos vindeiros días continuarase nos parques de Pedras Negras. Todo isto logo de que quedara limpo o camiño de baixada a Con Negro e se teña avanzando na zona do centro de San Vicente.

 

A roza e limpeza na zona rural é unha demanda continua da veciñanza desta zona logo de varios anos de desatención a esta cuestión. É preciso coordinar adecuadamente este tipo de traballos, xa que deben facerse en momentos adecuados para evitar que o crecemento posterior sexa moi rápido. Nesta época do ano supón unha preparación para a vindeira estación.