O Concello do Grove aproba subvencións ás entidades culturais do municipio por valor de 22.000 euros
Fecha: 2016-09-07
O procedemento de reparto das subvencións foi realizado segundo as novas bases consensuadas cos propios colectivos.
A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actividades culturais durante este ano 2016. En total distribuíanse 22.000 euros que foron repartidos en función da puntuación obtida por cada un dos colectivos. A referida puntuación foi outorgada segundo o baremo establecido nas bases e que foran previamente consensuadas cos colectivos culturais nunha mesa de traballo desenvolta en anteriores meses.
Agárdase que a aplicación do novo baremo permita un reparto máis obxectivo das axudas e que os colectivos conten con previsións máis claras das axudas que van ter. A aplicación das novas bases foi realizada por unha Comisión Avaliadora.
Resolución completa da subvención>