O Concello do Grove convoca a XXII edición premio de novela curta Manuel Lueiro Rey
Fecha: 2016-09-08
O prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 30 de novembro.
Esta semana aprobáronse as bases que rexerán o concurso de novela curta que cada ano. Desde 1992, se convoca na honra do escritor local Manuel Lueiro Rey. Deste xeito comezarase deseguido a distribución das referidas bases por toda Galicia, xa que se trata nun dos premios literarios máis valorados do panorama galego.
As persoas interesadas en participar poderán presentar o seu texto en lingua galega. As bases, que xa se poden consultar na páxina web do Concello, establecen un prazo límite de presentación dos traballos ata o 30 de novembro. Os textos deben ter unha extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de 100. O premio está dotado con 3.000 euros e a correspondente publicación.
O xurado está composto por cinco persoas, unha delas o gañador da anterior edición, Antonio Piñeiro pola obra O noiro. O resto, especialistas en literatura e crítica literaria. O premio é único e deberá outorgarse pola maioría simple dos votos.
A convocatoria desta edición coincide co centenario do nacemento de Manuel Lueiro Rey, feito polo cal se teñen organizado numerosas actividades a longo do ano, actividades que volverán a retomarse nos vindeiros meses tentando reforzar o coñecemento da vida e a obra deste escritor e xornalista fillo adoptivo do Grove.