A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolle a ópera ‘Otello’, retransmitida en directo desde o Teatro Real
Fecha: 2016-09-23
O sábado 24, ás 20.00 horas, poderase gozar en directo da ópera de primeiro nivel.
A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey toma o relevo da Praza de Arriba nas retransmisións en directo de ópera. Logo de que durante o verán os veciños e veciñas e visitantes puideran gozar de “Il Puritani”, nesta ocasión será “Otello”, de Giuseppe Verdi, quen se achegará ao Grove en rigoroso directo desde o Teatro Real de Madrid.
A retransmisión comezará ás 20.00 horas e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Trátase dunha ocasión única de poder asistir a un espectáculo de primeiro nivel que se ofrecerá a múltiples lugares dentro e fóra de España. No caso Galicia, a retransmisión poderá verse en Vigo, A Coruña e O Grove.