Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Retómanse as obras en distintas rúas do Grove

Fecha: 2016-10-27

As obras foron aprazadas por mor da celebración da Festa do Marisco.

 

Con motivo das obras de reposición do firme na rúa Luis Seoane, obras que foron aprazadas nas pasadas semanas logo de rematar só a metade desta vía, a partir do 2 de novembro ás 8.00 horas quedará prohibido o aceso á dita rúa. Poderase acceder a ela pola rúa Jaime Solá ou pola rúa da Rapeta.

 

Ao mesmo tempo tamén será preciso realizar obras de reposición de tubaxes na rúa Pratería. Trátase dunha actuación de grande importancia debido ao mal estado no que se atopan estas. A data de comezo das obras tamén está previsto para o 2 de novembro. A empresa encargada das obras informará aos usuarios no referido a acceso a garaxes.