Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello aproba as bases para as carrozas de Nadal

Fecha: 2016-11-29

Poderán participar asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Grove, con inscrición previa.

 

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar as bases para as carrozas dos defiles de Nadal deste ano. Como novidade, dase a opción de que as asociacións e entidades sen ánimo de lucro poidan elixir entre participar no desfile que se celebra en Noite Boa, acompañando ao Papá de Nadal, ou na noite de Reis xunto cos Reis Magos de Oriente.

 

As bases, que están dispoñibles na web do Concello, indícase que os colectivos interesados en participar deberán inscribirse no Rexistro do Concello antes do 20 de decembro. Cada grupo poderá participar unicamente cunha carroza nun dos dous desfiles que terán lugar nesas datas, podendo escoller unha temática libre. O premio de participación está establecido en 300 euros, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos nas BASES