Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello acada melloras no Punto Limpo

Fecha: 2016-11-24

As melloras concrétase en novos sistemas de recollida e clasificación de residuos electrónicos.

 

Durante o día de onte un técnico da Xunta e Galicia visitou as instalacións do Punto Limpo do Grove co fin de inspeccionar a futura colocación de novas melloras neste espazo. As referidas melloras son froito do convenio asinado o 30 de marzo deste ano coa Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Trátase do Convenio marco de colaboración en materia de xestión de residuos e aparellos eléctricos e electrónicos.

 

No seu momento o Concello do Grove solicitou a incorporación ao referido convenio co obxectivo de mellorar as instalacións actuais do Punto Limpo coa incorporación de equipamento para a recollida e clasificación de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE). As melloras que finalmente van ser aplicados consisten en medios para a pesada dos RAEE recollidos, unha marquesiña de 10 x 5 metros para o almacenamento deste tipo de residuos, a instalación de barreiras de estanquidade e de beirís perimetrais e, finalmente, a colocación de carteis para indicar as distintas fraccións de RAEE que se recollen.

 

Trátase dunha acción que permite ampliar os servizos achegados á veciñanza no relativo a recollida de residuos. Lembramos que, hoxe en día, o Concello do Grove é un dos referentes do ámbito de reciclaxe en Galicia e séguese traballando para mellorar, aínda máis, estes datos.