Obradoiro ‘Coas mans nos pucheiros’
Fecha: 2016-12-02
Obradoiro de cociña de 16 horas de duración no que poden participar persoas de todas as idades, aínda que teñen preferencia as que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeneracións.
As persoas participantes de entre 13 e 17 anos deberán achegar o consentimento paterno/materno se queren acudir soas.
As e os menores de 13 anos poden participar se van acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 13 anos non acompañados. P
Para realizar no mes de decembro (datas por confirmar).Cómpre inscrición previa.
As prazas cubriranse por orde de inscrición.
Inscrición: Oficina Municipal de Información Xuvenil (2º andar do edificio administrativo municipal). Tel.: 986 730 609. omix@concellodogrove.es
Máis información e modelos de solicitude>