Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello organiza un curso de formación orientado á elaboración dos proxectos para os locais de emprendemento

Fecha: 2016-12-05

 

 

A actividade terá lugar o vindeiro luns 19 de decembro na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

Unha vez finalizada a reforma que permite contar con seis locais de emprendemento na praza de abastos do Grove, o Concello acaba de poñer en marcha un curso de preparación orientado aos propios vendedores e vendedoras do mercado municipal e a aquelas persoas interesadas en desenvolver novos proxectos.

 

Deste xeito, a formación pretende servir como guía para as persoas interesadas en participar na adxudicación dos seis novos espazos, xa que estes serán postos á disposición da xente as vindeiras semanas. Trátase de espazos que serán destinados a iniciativas innovadoras diferentes das xa existentes na praza e que deberán contribuír a unha maior dinamización dese espazo. Para ese fin, entre outra documentación, as persoa interesadas deberán elaborar proxectos viables e xustificados, cousa que este curso pode axudar a facer.

 

A sesión de formación terá lugar o luns 19 de 17.00 a 21.00 horas na Sala das Cunchas e é necesaria inscrición previa no correo adlogrove@concellodogrove.es. As prazas son limitadas.