Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Vinte e un participantes no Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2016-12-22

O xurado xa dispón das obras para a súa valoración.

 

Unha vez rematado o prazo, o pasado 30 de novembro, foron 21 as obras que se presentaron á XIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. Trátase dunha cifra superior ás pasadas edicións e que incide na consolidación deste concurso literario de referencia en Galicia que honra a memoria do fillo adoptivo do Grove, o escritor Manuel Lueiro Rey.

 

Os orixinais xa se atopan á disposición do xurado, que nesta ocasión está conformado por Manuel Quintáns, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Mario Regueira, todos eles especialistas en literatura aos que se incorpora o gañador da pasada edición, Antonio Piñeiro.

 

Lembramos que este se premio convoca desde o ano 1992 co obxecto de promover a vida e obra do escritor e xornalista e que está dotado con 3.000 euros.