O Concello entregou os premios das postais de Nadal
Fecha: 2016-12-27
O debuxo de Álex Riveiro Álvarez, de 4 anos, foi o gañador do concurso.
O tradicional concurso de Postais de Nadal que organiza o Concello do Grove entre os escolares da vila chegou este ano á súa XVIII edición. Os premios foron entregados nunha actividade da Casa da Cultura o pasado venres e neles recoñecéronse a creatividade e o talento artístico de rapaces e rapazas de educación infantil e primaria. Os participantes presentaron debuxos sobre o Nadal en técnica libre que estiveron expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
De entre todos os participantes o xurado seleccionou un gañador, que nesta ocasión foi Álex Riveiro Álvarez, de 4 anos. O seu deseño converteuse así no protagonista da felicitación de Nadal en forma de postal dixital que se remite desde o Concello. Ademais do gañador, o xurado quixo recoñecer sete accésits:
- Nora Rubirosa Fernández. 1º de educación primaria
- Xiana Torres Fernández. 2º de educación primaria
- Aarón Pazos Dadín. 2º educación primaria
- Sofía Silva Carballal. 2º educación primaria
- David Benavides Garrido. 3º educación primaria
- Paula torres Piñeiro. 4º educación primaria
- Ainhoa Piñeiro Pereira. 6º educación primaria
Os premiados recibirán bonos para libros e material escolar. As postais participantes estarán expostas ata o final das Festas.