Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Inícianse as obras de reforma da Oficina de Turismo do Grove

Fecha: 2016-12-27

 

 

A Oficina ofrecerá os seus servizos eventualmente nos baixos da Casa do Concello.

 

Hoxe comezaron as obras de reforma da Oficina Municipal de Información Turística do Grove. Trátase da dotación dun aseo e da mellora interior da instalación que permitirá contar con máis espazo de almacenamento de materiais e unha mellor imaxe. Estas dependencias, as máis visitadas de toda a comarca do Salnés e unhas das de maior número de consultas da provincia, atopábanse nun estado moi precario logo de anos sen acometer melloras nelas.

 

O orzamento da reforma cífrase en 12.000 euros e estímase que as obras se prolongarán durante tres semanas. Posteriormente está prevista a mellora do mobiliario. Mentres as obras se estean realizando, a Oficina de Información prestará o seu servizo na oficina que, ata o de agora, ocupaba a Policía Local nos baixos da Casa do Concello, atendendo ao público no seu horario habitual de 10.00 a 15.00 horas, de martes a domingo.