Últimos días de emenda de documentación para participar na Bolsa de Emprego Municipal
Fecha: 2017-01-17
O prazo remata o vindeiro luns, 23 de xaneiro.
O Concello do Grove informa a todas as persoas interesadas de que está a piques de rematar o prazo de emenda de documentación para poder formar parte da bolsa de emprego municipal. Segundo o procedemento administrativo habitual nestes trámites, unha vez revisada a documentación abriuse un período de dez días nos que as persoas que quedaban excluídas da bolsa por falta de documentación poden presentala no rexistro municipal e así pasar a ser incorporadas á lista de admitidas. O prazo referido remata o vindeiro luns 23 de xaneiro, polo que é importante que quen se atope nestas circunstancia presente no Rexistro a documentación precisa.