O concello do Grove conta cun novo taxi adaptado de sete prazas
Fecha: 2017-02-03
O novo vehículo está dispoñible desde esta semana na localidade.
Desde esta semana os veciños e veciñas do Grove así como os visitantes que se acheguen á localidade contarán cun novo vehículo de taxi que se une aos xa existentes, pero que conta coa peculiaridade de ser un coche de sete prazas adaptado. A iniciativa xorde dun dos autopatrons locais que informou ao Concello da súa intención de cambiar o vehículo habitual por este monovolume, aportando un servizo adicional de contar cun maior número de prazas e permitir o transporte de persoas con mobilidade reducida.
O vehículo empezou a funcionar esta semana e estará dispoñible nas paradas habituais ou no servizo telefónico de taxis do Grove. Ademais deste vehículo, nas próximas datas agárdase que outros do parque de taxis tamén se modifiquen ou se cambien para converterse en adaptados.
Contacto do taxista propietario do vehículo: Fernando: 626 865 288