O Concello aproba as bases dos concursos do Entroido
Fecha: 2017-02-07
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases para o Festival de Comparsas, o Concurso de Disfraces e as Choradeiras.
O Concello do Grove vén de aprobar as bases que rexerán os distintos concursos que se van celebrar durante o Entroido. Deste xeito, a partir de hoxe e ata o 21 de febreiro as comparsas interesadas en participar no Festival do sábado de Entroido deberán inscribirse no Rexistro municipal. Nesta competición mantéñense as contías dos premios ao igual que no concurso de disfraces que se celebrará o martes 28 de febreiro e que percorrerá o “sambódromo” meco. As bases deste concurso levan unha serie de indicacións de importancia no relativo á seguridade e ás normas que deben cumprir as carrozas participantes.
Ademais das bases destes dous concursos, tamén se aprobaron as relativas ao concurso de “choradeiras” que acompañarán o Enterro da Sardiña o venres de Entroido. O grupo máis numeroso que tome parte no velorio recibirá un premio de 100 euros. Estes concursos son parte das actividades do programa de Entroido que se dará a coñecer por completo no vindeiros días.
BASES FESTIVAL DE COMPARSAS 2017 E FOLLA DE INSCRICIÓN>
BASES CONCURSO DE DISFRACES 2017>