Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove amplia o prazo do Concurso de Fotografía ‘A Muller traballadora’

Fecha: 2017-02-10

 

Poderán presentarse traballos ata o vindeiro venres, 17 de febreiro.

 

O Concello do Grove acaba de ampliar o prazo para presentar traballos á VI edición do concurso de fotografía “A Muller Traballadora” ata o venres 17 de febreiro. As bases e a folla de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello.

 

Lembramos que este concurso se convoca con motivo do Día Internacional Da Muller, que conmemora a loita das mulleres pola súa participación e pola igualdade de xénero na sociedade, así como o seu desenvolvemento íntegro como persoas. Neste caso preténdese que, a través das imaxes, se reflicta o traballo das mulleres en calquera eido. Establécense tres premios: un primeiro de 300 €, un segundo de 200 e un terceiro de 100.

 

No concurso poderá participar calquera persoa física maior de idade que presente unha obra súa orixinal e inédita. Cada autora ou autor só poderá presentar unha foto cunhas dimensións de 20x30, montadas en cartolina ríxida ou cartón pluma e sen datos persoais que poidan identiticar á persoa autora. A técnica é libre e as fotografías poderán presentarse en vertical ou horizontal e admitiranse fotos en cor e en branco e negro, quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.

 

No mes de marzo de 2017 reunirase o xurado composto por integrantes do Consello Local de Igualdade e por profesionais relacionados co mundo da arte e a  fotografía para seleccionar as imaxes recibidas.