Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Nove agrupacións do Grove e unha de Noalla participarán no Festival de Comparsas 2017

Fecha: 2017-02-22

 

Once comparsas se inscribiron para as dez prazas dispoñibles no Festival de Comparsas.

 

Finalmente serán nove as comparsas locais que participen no Festival de 2017. Deste xeito só unha comparsa de fóra do Grove tomará parte no evento ao completarse as dez prazas dispoñibles neste concurso. Lembramos que o Festival se celebrara o vindeiro sábado, 25 de febreiro a partir das 21.00 horas no pavillón municipal de deportes adaptado para tal fin.

 

A capacidade está limitada a 1.100 persoas e a venda de entradas comezará as 10.30 horas da mañá no propio pavillón e rematará antes do comezo do espectáculo ou cando se esgoten as localidades. As bases do Festival establecen que as comparsas participantes, compostas por un mínimo de 15 persoas, actuarán na orde determinada nun sorteo que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro ás 20.30 horas no Sala de Xuntas do Concello.

 

PARTICIPANTES

 

Os de Noalla

Leña Verde

A tropa de Moncha a Caralla

Queimacasas

Outra vaca no millo

Os da Caldeirada

Os arrombados

Os Oneis Bin Band

As Plus

Os da Ría