‘Enredada entre fíos’, imaxe gañadora do VI Concurso de Fotografía da muller traballadora
Fecha: 2017-02-24
O xurado outorgou os tres premios deste concurso que pon en marcha una amplo calendario de actividades para o mes da muller traballadora.
O xurado do VI Concurso de Fotografía “A muller traballadora” vén de outorgar os premios correspondentes a esta edición. Deste xeito, o primeiro premio, de 300 euros, recae en Sonia Pita Formoso, quen presenta a imaxe titulada Enredada entre hilos, que representa unha redeira en pleno traballo. O segundo premio, dotado con 200 euros, é para O tempo entre costuras, de Marcos Otero Piñeiro, que recolle neste caso o traballo das costureiras; finalmente, o terceiro premio, de 100 euros, é para a imaxe titulada Escollendo fabas, de Juan Quintia Valencia.
O xurado, conformado por membros do Consello Local de Igualdade, fotógrafas e xornalistas, destacou o alto nivel de calidade dos traballos presentados nesta edición, que consolida xa este premio de fotografía como un certame de referencia. Debe destacarse que este concurso serve para destacar o traballo feminino coincidindo coa celebración do día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

Fotografía gañadora
Programa do mes de muller traballadora
O Concello do Grove ten deseñado un amplo programa de actividades coincidindo coa celebración do mes de marzo. Estas actividades prolongaranse incluso ata o mes de abril e serán presentadas a vindeira semana, e terá como prato forte a Gala dos Premios Meca, que se celebrará o vindeiro 11 de marzo.