Últimos días para presentar propostas para os espazos de emprendemento da praza de abastos
Fecha: 2017-03-14
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de marzo.
As persoas interesadas en acceder a algún dos seis espazos de emprendemento do mercado municipal poden presentar a súas solicitudes ata o vindeiro 15 de marzo. As bases para poder optar a estes espazos están dispoñibles no “Perfil do contratante” da páxina web do Concello do Grove ou poden solicitarse nas dependencias municipais. O persoal da Axencia de Desenvolvemento Local pode resolver dúbidas sobre as condicións de participación nesta adxudicación.