Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove repite a súa participación no programa ‘Cinemas de Galicia’

Fecha: 2017-03-16

 

Un ano máis O Grove contará con cine galego actual cun prezo de tres euros por entrada.

 

O Concello do Grove contará este ano con programación cinematográfica galega grazas ao acordo asinado con Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para poder formar parte do programa “Cinemas de Galicia”. Nos vindeiros días procederase á sinatura do convenio que repite a estrutura do pasado ano con dous períodos de proxeccións, comezando o primeiro no mes de abril e un segundo xa nos meses de setembro e outubro. Lembramos que este programa conta cun amplo catálogo de filmes galegos para todo tipo de públicos e que as proxeccións se farán na casa da cultura ou na carpa institucional da Festa do Marisco a un prezo de tres euros.