Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os rapaces e rapazas do Curso ‘Cociñando’ do Concello do Grove preparan un menú para o Día do Pai

Fecha: 2017-03-17

Os 17 mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que participan no curso “Cociñando” que desde o mes de decembro se imparte nas instalacións da Deputación de Pontevedra na Lanzada terán este sábado ás 12.30 horas unha sesión especial. A partir desa hora ofrecerán unha degustación especial dos seus pratos aos seus pais e familiares para conmemorar así o Día do Pai.

 

O alumnado do curso preparará unha fideuá, coulant de chocolate e plum cake, demostrando así as destrezas adquiridas durante estes meses de formación. O curso rematará o vindeiro 1 de abril, pero esta actividade especial coa familia pon o broche de ouro a todas estas semanas de traballo.