A primeira Andaina do programa do Concello do Grove sairá mañá cara a Portugal sen prazas libres
Fecha: 2017-03-17
A primeira hora da mañá sairá desde a praza do Corgo o autobús en dirección a Melgaço.
Mañá sábado terá lugar a primeira das andainas organizadas polo Concello do Grove, que nesta ocasión se dirixirá á localidade portuguesa de Melgaço. O éxito destas actividades confírmase co feito de que se esgotaron as prazas dispoñibles no autobús e de que quedan xa poucas para as outras actividades programadas en maio e xuño.
A veciñanza do Grove que participa nesta actividade percorrerá nesta primeira excursión unha ruta que cruza o Miño e que lle permitirá coñecer unha zona de gran beleza do pais veciño. Está prevista unha comida e tempo libre para gozar de Melgaço antes do regreso.